| Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
|
| |
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
[ 22 de maio de 2026 ]
Chega a Asemblea da Unión de Cooperativas!
A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra o vindeiro venres 5 de xuño a súa Asemblea xeral ordinaria 2026.
Onde?: na Cidada da Cultura en Santiago de Compostela (Edificio Fontán – Sala Eventos). Monte Gaiás, s/n.
Horario: 1ª convocatoria 10.30 horas | 2ª convocatoria 11 horas
Convocamos a tódalas cooperativas socias a que asistan á Asemblea prevista, para participar nos temas a tratar e acadar os obxectivos que nos marcamos nesta cita anual coa base social da Unión de Cooperativas.
Un espazo das cooperativas asociadas para:
- Realizar balance
- Decidir novos horizontes e estratexias
- Participar con voz e voto
- Facer rede, vínculos e relacións no cooperativismo galego
📍Inscríbete e participa en Santiago o vindeiro 5 de xuño de 2026. Estaremos encantadas de contar con vós!
Saber máis
Galicia mantense como a segunda comunidade en creación de cooperativas, con 187 novas entidades no 2025
En EspazoCoop valoramos moi positivamente os datos oficiais de creación de cooperativas en Galicia durante o ano 2025, que sitúan de novo o noso país como a segunda comunidade autónoma do Estado con máis cooperativas constituídas.
Ao longo do ano creáronse en Galicia 187 novas cooperativas e incorporáronse 610 persoas socias iniciais aos proxectos cooperativos, o que converte tamén a Galicia na cuarta comunidade en número de persoas participantes nas novas iniciativas.
Para nós, estes datos confirman a consolidación do cooperativismo como fórmula de emprendemento colectivo, xeración de emprego e desenvolvemento territorial.
Saber máis
EspazoCoop participa na xornada "As finanzas éticas na economía galega" organizada por Fiare
Desde EspazoCoop participamos a pasada semana na xornada “As finanzas éticas na economía galega”, organizada por Fiare Banca Etica no Pazo Baión, para reflexionar colectivamente sobre o papel das finanzas éticas dentro da economía galega.
Un encontro centrado no papel das finanzas éticas na construción dun modelo económico máis xusto, sostible e centrado nas persoas que foi antesala da súa asemblea, celebrada nesta edición en Vigo.
A xornada serviu como espazo de intercambio entre entidades da economía social e cooperativa galega, favorecendo o diálogo, a creación de conexións e o fortalecemento de alianzas entre organizacións que compartimos valores e obxectivos comúns.
Saber máis

Benvidas, novas cooperativas socias!
Damos a benvida ás cooperativas asociadas recentemente á Unión:
-
FOLIOS E FÍOS, S. Coop. Galega | Redondela
Encadernación
-
BEAUTY DETOX (Potingues verdes), S. Coop. Galega | A Coruña
Benestar Feminino
-
CLIPO PRODUCE, S. Coop. Galega | Arteixo
Produción de podcast
-
REFORMAS NAVEIRAS CENDÁN, S. Coop. Galega | Neda
Reformas
-
BANCA POPOLARE FIARE, società cooperativa | Bilbao
Banca ética
Visita o Directorio cooperativas socias para saber máis.
Asociándote contarás cunha rede sólida en continuo crecemento, con máis de 280 cooperativas socias, e co apoio dun equipo que traballa para que non falten oportunidades de financiamento, formación e representación institucional.
Somos a maior rede de cooperativas en Galicia.

A próxima semana celebramos o Día da Economía Social Galega
O Foro pola Economía Social Galega, o vindeiro 29 de maio volverá a reunir nun evento moi especial e significativo, un enriquecedor espazo de encontro, reflexión e impulso colectivo arredor dun modelo económico máis xusto, sostible e centrado nas persoas.
Desde o ForoESGal convida ás cooperativas socias de EspazoCoop a participar nun evento que reunirá a entidades, profesionais e persoas comprometidas coa Economía Social para compartir experiencias, coñecemento e boas prácticas, así como para poñer en valor o papel transformador deste sector en Galicia.
O programa incluirá a presentación do informe "Diagnose da economía social en Galicia: retos e oportunidades", elaborado pola Universidade de Vigo por encargo do ForoESGal. Elena Rivo, coautora do estudo, achegará todos os detalles dun traballo que ofrece unha visión actualizada e operativa do sector no noso país.
A cita, que conta coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, constituirá, un ano máis, unha excelente oportunidade para fortalecer redes, xerar sinerxías e avanzar cara un futuro máis inclusivo e solidario.
Anotade na axenda! 29 de maio ás 12 h. no Hotel Puerta del Camino. Podedes inscribirvos xa a través deste formulario.

Formación sobre a Conta Satélite da Economía Social (CSES)
Dende CEPES, en colaboración co Instituto Nacional de Estadística (INE), organizan unha formación sobre a Conta Satélite da Economía Social (CSES), dirixida ás socias de CEPES, organizacións territoriais así como ao tecido asociativo e empresarial.
A sesión terá un enfoque técnico e práctico, orientado a comprender como se constrúen, interpretan e explotan os principais datos e indicadores da Economía Social elaborados polo INE, incluíndo unha parte práctica de navegación e descarga de información estatística. Deseñada en formato hibrido para facilitar a participación. Para as persoas que o sigan en liña, facilitarase o enlace de conexión a próxima semana.
Data: Xoves 28 de maio
Horario: 11:00 a 14:00
Lugar: TeamLabs (Madrid Plaza San Martín, 1. Entrada por calle Hileras, 18)
Formato híbrido (presencial e online)
Programa da xornada aquí.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte formulario neste enlace

Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149
|
|