Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 16 de maio de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   
 

A asemblea de socias 2025 está a chegar!
"Somos Rede, Somos Impulso",
23 de maio, Santiago

A Unión de Cooperativas EspazoCoop convoca ás cooperativas socias a súa Asemblea xeral ordinaria 2025, que se realizará o vindeiro venres 23 de maio na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

A partir das 12 h. terá lugar un evento público para celebrar o Ano Internacional das Cooperativas 2025, a xornada "Somos Rede, Somos Impulso", á súa finalización ofrecerase un petisco cooperativo.

Saber máis




 


EspazoCoop celebrará o Ano Internacional das Cooperativas cun acto na Cidade da Cultura

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, celebra o venres 23 de maio a partir das 12 h. un evento público para celebrar o Ano Internacional das Cooperativas 2025 baixo o lema “Somos Rede, Somos Impulso“, o acto realízase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, no marco do día da asemblea xeral de EspazoCoop.

Na xornada prevista, serán homenaxeadas as cooperativas socias cunha traxectoria de máis de 20 anos, contará tamén cunha mesa de debate sobre financiamento das cooperativas, despois da cal terá lugar unha actuación musical, para finalizar co peche institucional.

Saber máis


 


Contratación dun plan operativo de implantación de ODS para o impulso do emprendemento en economía social

EspazoCoop convoca un concurso público, baixo os principios de publicidade, transparencia e concorrencia competitiva, para a elaboración dun recurso que favoreza o impulso de capacidades e habilidades para o desenvolvemento de actividades emerxentes, concretamente, a elaboración dun plan operativo de implantación de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS en diante) do proxecto É- FACTORY: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal, aprobado no marco do programa de Cooperación Territorial Europea Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Prazo de presentación de ofertas ata o 30 de maio de 2025 ás 14 h.


Saber máis


Talento Cooperativo: o programa de bolsas en cooperativas lanzará a próxima edición a finais de maio

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop lanzará a finais de maio a próxima convocatoria do programa TALENTO COOPERATIVO, un recurso para consolidar cooperativas e contribuír á mellora do funcionamento de entidades de economía social.

Talento Cooperativo presta apoio ás entidades facilitando recursos humanos formados en xestión empresarial, con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer a xestión empresarial e a función xerencial das organizacións. O programa ofrece en cada edición varias bolsas en cooperativas, para desenvolver o programa e acadar os resultados e o crecemento cooperativo buscado.

Saber máis


 

Curso de Marketing Dixital para cooperativas

A Unión de Cooperativas Espazocoop dentro do seu Programa de Formación Especializada de Cooperativas 2025, que realiza co apoio do Concello de Santiago de Compostela ofrece o curso presencial e gratuíto:

Marketing dixital para cooperativas | 20 e 27 de maio | 10 h.
Impartido por Nakeep S. Coop. Galega (Fieito)

Queres mellorar a presenza en liña da túa cooperativa pero non sabes por onde comezar? Este curso está pensado para persoas sen coñecementos previos en márketing dixital, e axudará a entender os conceptos clave e a aplicalos ao seu proxecto. En dúas xornadas presenciais abordaranse temas como redes sociais, posicionamento en buscadores (SEO), publicidade dixital, email marketing e máis, con exemplos prácticos e recursos útiles. A formación será impartida polas persoas fundadoras de Fieito, marketplace galego de produtos sostibles, con experiencia real en comunicación e estratexia dixital.

Saber máis


 

Cultsos xa ten datas para os eventos de xuño!

En Cultsos, cultura social e sostible, xa temos data para tres eventos que se celebrarán no marco do proxecto CULTSOS.

CULTSOS é un proxecto que busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e a aliñación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Xornadas e misións comerciais do sector cultural os días 4, 10 e 12 de xuño. Non o perdades e reservade a data nas vosas axendas!

Saber máis


Campaña: Soster a vida en Palestina oficio a oficio

Dende Coop57 Galicia chega información da Campaña: Soster a vida en Palestina oficio a oficio:

A economía popular palestina está a ser devastada pola ocupación e o xenocidio. Aínda así, o pobo palestino érguese cada día para soster á súa comunidade.

Desde a Fundación Coop57 queremos apoiar a súa resiliencia co sistema DAMAN: unha rede de garantía solidaria que apoia ás entidades de microcrédito. Se unha tenda é destruída ou a poboación desprazada, DAMAN cobre parte do préstamo. Así, as persoas non quedan endebedadas e a rede financeira palestina non se colapsa.

Porque o crédito tamén pode ser unha ferramenta de autonomía, coidado e xustiza internacionalista, e porque cada oficio que resiste, sostén un pedazo de Palestina.

Colabora e axúdanos a difundir: https://summum.coop57.coop/gl/economiapalestina

Saber máis



 


Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO