Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 15 de Decembro de 2023 ]
 



EspazoCoop, Agaca e Xunta de Galicia apoian o crecemento de entidades da Economía Social

40 entidades da economía social participaron nesta edición de Es-Mentoring co obxectivo de reforzar, medrar e consolidar a súa actividade. Coa segunda edición do programa consolidouse unha rede conformada por preto de 100 persoas mentoras na economía social que compartiu os seus coñecementos para implementar melloras nas entidades en materias como consultoría financieira, organización, xerencia ou comunicación. ES Mentoring está impulsado pola Xunta de Galicia e implementado pola Unión de Cooperativas EspazoCoop e Agaca. Ler máis

 


Máis de 50 entidades participan na xornada técnica sobre xestión de cooperativas

A Xornada "Achégate ás cooperativas cunha ollada experta", foi organizada por EspazoCoop en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña para afondar no coñecemento de aspectos de xestión que afectan ás empresas cooperativas, que medran cada ano de maneira exponencial en Galicia. Ademais, tamén tratouse as potencialidades e experiencias en compra pública responsables. Entre as participantes atopábanse cooperativas, xestorías administrativas, despachos de avogadas e economistas e graduados sociais, entre outros colectivos, que recibiron de expertas a información e coñecementos sobre temáticas laborais, fiscais e de contratación pública responsable. Ler máis



Cooperativas de ensino e Grupo Cajamar convocan a VII edición do Premio "Emprendemos", para fomentar a cultura emprendedora na escola

A Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECoE) e Grupo Cooperativo Cajamar convocaron a sétima edición do Premio “Emprendemos, fomento do emprendemento cooperativo na escola”, dirixido ao fomento do espírito emprendedor entre os escolares que estean a cursar 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional.

Con esta iniciativa ambas entidades queren contribuír a fomentar e compartir desde a escola os principios e valores que identifican o cooperativismo e a economía social, así como dar visibilidade e recoñecemento a proxectos que veñen desenvolvendo os centros educativos para impulsar a cultura emprendedora e a aptitute empresarial, no marco do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 

 

 
Licitacións Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO