Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 3 de maio de 2024 ]
 



Programa +COOP: apoio na creación de cooperativas

Buscas asesoramento e acompañamento para formar un proxecto profesional? estás pensando en crear unha cooperativa? O Programa +COOP da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado dentro da programación 2023-2024 da Rede Eusumo, asesora e acompaña a grupos de persoas que promoven empresas cooperativas, de xeito gratuíto en todo o ámbito de Galicia.

A Unión conta cun fondo de 400 horas ata 30 de setembro de 2024 para prestar este servizo, sendo EspazoCooop unha entidade de referencia en Galicia na promoción das cooperativas é un dos puntos aos que acodir para saber como poñer en marcha unha empresa deste tipo. Ler máis




Encontros coa veciñanza en concellos galegos para maio:
Como formar comunidades enerxéticas?

Os socios do proxecto europeo EC4RURAL continúan avanzando nas fases de traballo para dar forma ao Piloto Galego. Nos meses de abril e maio terán lugar novas reunións das que manterán cos 22 concellos galegos que formalizaron a súa colaboración e interese en promover a creación de comunidades enerxéticas rurais nos seus territorios.

  • Concello de Mazaricos | luns 6 de maio
  • Concello de Sober | luns 13 de maio
  • Concello de Palas de Rei | xoves 16 de maio
Son reunións abertas a toda a veciñanza, na que a Unión de Cooperativas EspazoCoop participará como integrante do grupo de socios do proxecto liderado pola Universidade de Vigo. Ler máis




Programa de teleformación "Muller, a cooperativa é para ti"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop aínda ten a inscrición aberta ao programa formativo "Muller, a cooperativa é para ti". Trátase de teleformación gratuíta, realizada dende a Aula Virtual de EspazoCoop. Queres optar a unha das prazas do último curso deste programa?

Curso: Desenvolvendo a idea cooperativa. Inicio 13 de maio de 2024.

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. Ler máis


 




Ilunion invita ás cooperativas socias de EspazoCoop a participar na súa oferta formativa

EspazoCoop colabora con Ilunion na promoción e difusión das súas accións e proxectos formativos. Porén, Ilunion invita ás cooperativas de socias de EspazoCoop a participar nos seus cursos gratuítos, online, con titora experta. A oferta fomativa ten máis de vinte accións formativas, con cursos que duran entre 10 horas e 60 horas, desenvolvidos especialmente para o sector da economía social, sobre distintas materias e competencias como: inglés, dixitalización, ferramentas de teletraballo, marketing, ciberseguridade, excel, igualdade, aforro enerxético e reciclaxe en oficinas, e outras máis . Ler máis


 



A Axencia de Colocación de Mos acollerá a sesión informativa: E ti, Coñeces a Fórmula?, o próximo 24 de maio

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. Así, o próximo venres 24 de maio no Salón de Actos da Axencia de Colocación de Mos realízase unha sesión informativa de 10.00 a 12.30 h.  Ler máis

 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO