O Ministerio de Traballo e Economía Social, publicou a Convocatoria do Plan Integral de Impulso á Economía Social dotada de 80 millóns euros.
Estas axudas van dirixidas ás entidades da Economía Social: cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego, mutualidades, fundacións, asociacións, confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación e entidades representativas das anteriores. Tamén é posible a presentación conxunta dun proxecto en común, entre entidades da Economía Social e as universidades, centros de investigación e administraciones públicas. O prazo de presentación das solicitudes estará aberto durante un mes. Ler máis