Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 5 de Xaneiro de 2024 ]
 



Cafés con Aroma a ... Economía Social
 
O Foro pola Economía Social Galega, FOROESGAL, organiza a cuarta edición dos Cafés con Aroma a Economía Social, un evento que reúne ao sector da economía social para poñela en valor publicamente, configurándose como un espazo de intercambio, de colaboración, coñecemento e intercooperación. O Foro convida ás cooperativas socias de EspazoCoop a a esta cita o venres 19 de xaneiro de 2024, previa inscrición. Ler máis
 


 


As colexios cooperativos e outros centros teñen 1 mes para inscribirse aos VII "Premios Emprendemos": fomento do emprendemento cooperativo

A Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECoE) e Grupo Cooperativo Cajamar convocaron a sétima edición do Premio “Emprendemos, fomento do emprendemento cooperativo na escola”, co fin de promover o espírito emprendedor entre os escolares que estean a cursar 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional.

Con esta iniciativa ambas entidades queren contribuír a fomentar e compartir desde a escola os principios e valores que identifican o cooperativismo e a economía social, así como dar visibilidade e recoñecemento a proxectos que veñen desenvolvendo os centros educativos sobre cultura emprendedora e aptitute empresarial, no marco do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030.

Prazo de inscrición 5 de febreiro, prazo de presentación de proxectos 19 de maio, de 2024. Ler máis

 
 



 

Moira s. coop. galega, axencia creativa, ofrece un desconto ás socias da Unión nos seus servizos

Moira, unha nova asociada á Unión que ademais acaban de nacer, presenta os seus servizos en marketing consciente, que é como elas e eles definen a actividade que desenvolven. Con motivo da súa constitución e incorporación a EspazoCoop, ofrecen un desconto ás nosas asociadas. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO