Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 1 de Decembro de 2023 ]
 



EspazoCoop colabora coa Deputación da Coruña para organizar unha Xornada técnica de xestión de cooperativas

"Achégate ás Cooperativas cunha Ollada Experta" celébrase o 13 de decembro no Pazo de Mariñán, con esta Xornada quérese afondar no coñecemento de aspectos de xestión que afectan ás empresas cooperativas, e coñecer potencialidades e experiencias en compra pública responsables. A través dunha Ponencia marco e 2 Mesas temáticas trataranse aspectos laborais, fiscais e de contratación pública responsable en cooperativas, nun debate e diálogo aberto co público. Orientada para administracións públicas, asesorías, colexios profesionais, cooperativas, organizacións de economía social, e outro público interesado.
A asistencia é libre, previa inscrición!. Ler máis

 


A economía social amosa no Culturgal a importancia do traballo en comunidade

As entidades do sector cultural, entre elas un grupo de 11 cooperativas de EspazoCoop, presentarán os seus produtos, servizos e actividades na 16ª edición da Feira das Culturas Galegas nun stand que busca salientar as redes de intercooperación.

O sector cultural da economía social galega estará presente por noveno ano consecutivo na Feira das Culturas Galegas, Culturgal, que se celebra entre o 1 e o 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, nun stand promovido pola Secretaria Xeral de Promoción do Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Cun completo Programa de actividades propio buscan achegarse aos públicos consumidores de cultura, 13 entidades -doce cooperativas e unha sociedade laboral-, que presentarán os seus proxectos, produtos e servizos na cita de referencia da cultura galega. Ler máis


 



Xuntanzas entre administración públicas e as representantes das cooperativas do sector cultural

No marco do Culturgal, pola mañá tivo lugar a xuntanza da Sectorial de Cultura de EspazoCoop co Secretario Xeral de Emprego Pablo Fernández. Pola tarde terá lugar a xuntanza entre a Sectorial de Cultura de EspazoCoop cos Concelleiros do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, responsable do Área de promoción da igualdade, do benestar, da saúde e da economía, e Demetrio Gómez, responsable da Área de dinamización social e cultural. Ler máis


 




Entrevista a Elena Rivo López, Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia: "A consolidación da economía social en Galicia é un fenómeno imparable"

Elena Rivo López tomou posesión como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade o pasado mes de xuño. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, é profesora titular e investigadora no Departamento de Organización de Empresas e Márketing na Universidade de Vigo desde 1999. Ata a súa incorporación á Xunta de Galicia, era vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Desde EspazoCoop falamos con ela sobre algunhas das cuestións que máis preocupan ao cooperativismo como a nova Lei de cooperativas, o investimento en Economía Social nos vindeiros anos e da nova Estratexia de economía social. Ler máis



 




Últimos días! para inscribirse ao curso especializado:
"Transformación de Empresas Mercantís en Cooperativas"

 
Inicio o 5 de decembro | A Unión de Cooperativas EspazoCoop desenvolve con carácter gratuíto o "Programa Especializado de Formación Xerencial" que na edición de 2023 realízase en colaboración co Concello da Coruña.

En decembro celebra un novo curso presencial de 10 horas "Transformación de Empresas Mercantís en Cooperativas", impartido por profesionais do sector cooperativo, neste caso dinamizado por Xedega s. coop. galega, Abeluria s. coop. galega, Cerne s. coop. galega e a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (Faecta).
Será os días 5 e 12 de decembro
, e a inscrición continúa aberta. Ler máis


 


Apúntate ao último Xoves de Cooperativismo do ano e participa nun `Networking´ no Papagaio
 
A próxima sesión dos Xoves Cooperativos organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña celebrarase o 14 de decembro de 9.30 a 11.30 h., para realizar a última sesión de Networking e intercooperación do ano. Un Almorzo Cooperativo para o que é necesario reservar praza. Inscrición. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 

 

 
Licitacións Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO