Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 29 de Setembro de 2023 ]
 



O cooperativismo, motor para o emprendemento feminino

Esta semana a Unión de Cooperativasen colaboración co Concello de Santiago de Compostela, celebrou a xornada “Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social” que achegou  o traballo de cooperativas de EspazoCoop formadas por mulleres. 

Foi inaugurada por María Rozas Pérez, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Primeira Tenenta de Alcaldesa, Concello de Santiago de Compostela e Ana Olveira Blanco, Presidenta de EspazoCoop. No transcurso da mesma púxose en valor as vantaxes que achega o modelo cooperativo, como son unha menor fenda salarial, maior acceso a postos directivos, a paridade laboral ou participación na toma de decisións. Ler máis


 



Novo Rural. Encontro online o 3 de outubro
[Fomento do cooperativismo en sectores estratéxicos]

[No marco da programación 2023 da Rede Eusumo]  

Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos é un programa de acompañamento para apoiar a creación de empresas cooperativas en ámbitos e actividades económicas estratéxicas en Galicia e en novas necesidades comunitarias.

EspazoCoop elaborou o pasado ano unha colección de Plans Estratéxicos da economía circular, novo rural, cohousing, coworking, coidados, e cultura. Partindo deste traballo, continúa coa activación de procesos que estimulen o uso do modelo cooperativo para construír proxectos.  Neste contexto o vindeiro 3 de outubro organiza un Encontro destinado a persoas interesadas no Sector Rural e nas novas oportunidades que pode ofrecer dende un modelo económico cooperativo. Ler máis


 




Prazas aínda dispoñibles para adquirir formación básica sobre emprendemento cooperativo na área de Santiago

En outubro continúan os cursos do Itinerario de Tele-formación para o Emprendemento Cooperativo na área de Santiago, son de carácter gratuíto e aínda hai prazas dispoñibles. Están organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela:
- "Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas" | Do 3 ao 17 de outubro de 2023.
- "Desenvolvendo a idea cooperativa" | Do 18 ao 31 de outubro de 2023. 
Cada un dos cursos ten unha duración de 20 h.
 Ler máis

 


 




Lanzamos os cursos da formación xerencial en cooperativas

A Unión lanza unha oferta de 3 cursos gratuítos dentro do seu Programa Especializado de Formación Xerencial que realiza en colaboración co Concello da Coruña.
Nos cursos abordaranse materias específicas e especializadas sobre cooperativas co fin de mellorar a formación xerencial de persoas socias e traballadoras de empresas cooperativas, ou doutras persoas e colectivos interesados en xeral nos mesmos. A inscrición está aberta e se realizan na Coruña:
- "Fiscalidade cooperativa avanzada" | 7 e 14 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xiama.
- "Xestión societaria e laboral nas cooperativas" | 21 e 28 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xedega.
- "Transformación de empresas mercantís en cooperativas" | 5 e 12 decembro 2023, dez horas. Impartido polas cooperativas Xedega, Cerne, Abeluria, e a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (Faecta) 
Ler máis

 
 



 

Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO