O Catálogo 2024 da Unión recolle as actividades, programas e servizos que está poñendo en marcha este ano
As asociacións de cooperativas xogamos un papel esencial na consolidación e apoio ao cooperativismo. A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop colaboramos en programas e estratexias que consoliden o cooperativismo e especialmente os que fagan máis fortes ás súas cooperativas socias.
Neste contexto elaboramos o Catálogo 2024 de EspazoCoop con distintas actividades e servizos programados este ano, realizados en colaboración con distintos axentes e institucións. Se tes interese en participar nas propostas que ofrecemos, ou necesitas máis información, non dubides en contactar con nós. Ler máis
Enquisa para Estudo das necesidades de formación 2024 [Coceta]
A Confederación estatal de cooperativas, Coceta, solicita ás cooperativas socias colaboración na cumprimentación da enquisa sobre "Detección de Necesidades de Formación 2024 da Economía Social" entre o persoal directivo, responsables de recursos humanos e de formación das vosas cooperativas e empresas da Economía Social.
A enquisa non leva máis de 5 minutos na súa cumprimentación e permite ter unha idea cuantitativa das demandas formativas no noso sector, o cal dará como resultado as especialidades formativas que aparecerán en futuros plans para formar as persoas traballadoras das cooperativas e empresas de economía social. A enquisa estará dispoñible ata o 7 de xullo 2024. Enlace á enquisa
Hub Olympe Emprende, un novo espazo de apoio ao emprendemento feminino
Hub Olympe Emprende é unha iniciativa que impulsan conxuntamente Genera+ S. Coop. And. e Asociación Creacciona Innovación e Emprendemento Social de Andalucía, Abeluria S. Coop. Galega de Galicia e Tandem Social de Cataluña, no marco da convocatoria do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO).
O Hub Olympe Emprende está aberto a todas aquelas mulleres e equipos liderados por mulleres que queiran emprender ou consolidar o seu propio proxecto con valores da Economía Social e Solidaria en Andalucía, Cataluña ou Galicia e que, preferiblemente, pero non de maneira excluínte, pertenzan ao medio rural. Ler máis
Pont-Up Store abre candidaturas ata 5 de xullo.
Dá a coñecer o teu emprendemento
Xa é posible presentar candidaturas para participar na 11ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE, que se celebrará os días 20 e 21 de setembro na Praza de España en Pontevedra.
Esta iniciativa, dirixida pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación: Pont-Up Store, promovida dende Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) e que conta co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal é froito da cooperación de máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante dous días na capital galega das mellores iniciativas empresariais. Se tes un novo emprendemento con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa envía a túa candidatura. Ler máis
Xornadas Impacto Positivo e Emprendemento
18 - 19 xuño en O Barco e O Porriño
Alén, cooperativa socia, colabora nun ciclo de sesións sobre Impacto positivo e emprendemento organizadas para a Rede de Polos de Emprendemento en O Barco e O Porriño, nas que afondarase na importancia de integrar a sostibilidade nos proxectos de emprendemento e coñecer máis sobre as iniciativas locais de impacto positivo.
Se buscas integrar a sostibilidade no teu proxecto de emprendemento ou organización podes participar nestas actividades organizadas dende a Rede de Polos de Emprendemento, falarase da importancia da sostibilidade e profundarase nas iniciativas locais de impacto positivo. Aproveita estas oportunidades para establecer conexións e sinerxías con persoas coa intención de impulsar e apoiar este tipo de proxectos!. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).