As cooperativas socias da Unión están convocadas para participar na Asemblea anual de socias 2024 que está prevista para o venres 31 de maio en Santiago de Compostela. A asemblea é o espazo onde rendir contas, facer balance, referendar o plan de traballo, plantexar novos retos, e mesmo reflexionar e debater algúns dos temas que nos atinxen como Unión.
Onde?: no Hotel NH Collection, Avda. do Burgo das Nacións 4 – Santiago de Compostela
Horario: 1ª convocatoria 9.30 horas | 2ª convocatoria 10 horas.
Despois da asemblea, a partir das 12 h. unirémonos ao acto organizado polo Foroesgal con motivo do Día da Economía Social, e a partir das 14.15 h. ofrecerase un Cóctel. Ler máis
Xornada de presentación do servizo «EspazoCoop Emprende»
O teu futuro é cooperativa, 29 de maio, Santiago
Desde EspazoCoop comprácenos convidarvos a asistir á presentación de EspazoCoop Emprende, proxecto que busca aumentar as competencias emprendedoras, crear empresas cooperativas, e garantir a súa supervivencia empresarial, mediante o asesoramento e o acompañamento a grupos de persoas promotoras que queiran pór en marcha novos proxectos empresariais de autoemprego.
Celebramos esta presentación o mércores 29 de maio no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela a partir das 10 h. A inscrición á xornada continúa aberta. Ler máis