Asemblea xeral ordinaria de EspazoCoop 2025
A Unión de Cooperativas EspazoCoop convoca ás cooperativas socias a súa Asemblea xeral ordinaria 2025, que se realizará o vindeiro venres 23 de maio na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
A partir das 12 h. terá lugar un evento público para celebrar o Ano Internacional das Cooperativas 2025, a xornada "Somos Rede, Somos Impulso", á finalización do acto ofrecerase un petisco cooperativo.
Saber máis

Galicia representada por dúas mulleres de EspazoCoop na xornada estatal "Xuntas pola Economía Social" en Murcia
Ana Olveira e Claudia Rodríguez achegan a visión galega sobre o liderado feminino e o cooperativismo como ferramenta para avanzar na igualdade.
Murcia albergou o 28 de abril a xornada estatal ‘Xuntas pola Economía Social: voces do cambio para avanzar en igualdade’. Neste encontro de referencia, Galicia está representada por Ana Olveira e Claudia Rodríguez, da Unión de Cooperativas EspazoCoop. Son as únicas representantes galegas nesta cita estatal, un feito que pon de relevo o recoñecemento á súa traxectoria e ao papel referente do cooperativismo galego na loita pola igualdade.
Saber máis
Programa de Intercooperación:
Encontro da Sectorial de Asesorías e Consultoras
EspazoCoop convida ás cooperativas socias asesorías e consultoras a participar no encontro que organiza o vindeiro venres 16 de maio, no marco do Programa de Intercooperación, para abordar temáticas de interese para o sector. Este programa conta co apoio da Rede Eusumo (Xunta de Galicia).
Saber máis

Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).