Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 19 de setembro de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   

EspazoCoop asistiu ao Cume Europeo da Economía Social en Murcia

A Unión de Cooperativas EspazoCoop viaxou esta semana a Murcia que acolle do 15 ao 19 de setembro o cume europeo da economía social, no marco da súa Capitalidade Española da Economía Social 2025.

Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, e Celso Gándara, membro do consello reitor da unión, participan estes días en: SOCIAL ECONOMY European Summit | Murcia 2025. A economía social motor do futuro de Europa.

A axenda do evento inclúe os premios europeos da Economía Social, visitas a iniciativas locais, reunións e comités estratéxicos, entre outros actos.

O cume reúne a responsables de institucións de toda Europa, destacando a Vicepresidenta do Goberno Yolanda Díaz, a Vicepresidenta da Comisión Europea e responsable de Economía Social Roxana Minzatu, ou o Presidente de Social Economy Europe e de Cepes Juan Antonio Pedreño.

SOCIAL ECONOMY European Summit enmárcase na Semana Europea de Economía Social.


 


EspazoCoop fortalece o cooperativismo galego con asesoramento especializado a preto de 50 entidades

EspazoCoop presentou esta semana en Vigo os resultados do programa CONSOLIDA+ 2024/2025, unha iniciativa que consolidou o traballo con preto de 50 de cooperativas galegas durante o último ano. O programa, financiado coa colaboración da Xunta de Galicia a través das subvencións da Rede Eusumo da Consellería de Emprego e Igualdade, investiu 43.000 € na mellora da competitividade e sostibilidade do sector cooperativo.

Reuniu a representantes das cooperativas beneficiarias, que compartiron experiencias e avances acadados grazas ao acompañamento técnico de EspazoCoop. O acto contou tamén con espazos de intercambio e networking entre diferentes actores da economía social galega, así como con relatorios de persoas expertas como Mónica Pena, técnica da Oficina Económica de Galicia, e representantes de cooperativas usuarias do programa como Númax, Simbiosis e 7H Cooperativa Cultural.

O peche institucional estivo a cargo de Marta Mariño, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, acompañada por Claudia Rodríguez, do Consello Reitor de EspazoCoop.


Saber máis


EspazoCoop e Pont Up Store impulsan o cooperativismo como alternativa empresarial sostible 

A Xornada do programa “EspazoCoop Emprende: impulso ao cooperativismo en Galicia” reúne a emprendedores, profesionais e cidadanía interesada no modelo cooperativo en Pontevedra.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración coa Asociación Pont Up Store, celebrou este venres no Teatro Principal de Pontevedra a xornada "EspazoCoop Emprende: impulso ao cooperativismo en Galicia”, unha iniciativa que ten como obxectivo promover o modelo cooperativo como fórmula empresarial viable, sostible e competitiva.

O acto foi inaugurado por Anabel Gulías, Concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, e Pedro Figueroa, Presidente da Asociación Pont Up Store, que destacaron o papel fundamental do cooperativismo no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Saber máis


Xa se poden retirar as entradas para a xornada "Trasformando a Cidade dende o Cooperativismo", no Teatro Principal de Santiago

EspazoCoop, no marco do convenio co Concello de Santiago de Compostela e do Ano Internacional das Cooperativas 2025 (AIC2025), organiza a xornada "Transformando a cidade dende o Cooperativismo" o vindeiro 24 de setembro no Treatro Principal de Santiago a partir das 9.30h.

Desde a Unión de Cooperativas comprácenos convidarvos a asistir a esta xornada de celebración do cooperativismo galego con motivo do AIC2025 en colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

Abordaremos o debate sobre o papel transformador do cooperativismo, trala representación da obra de teatro "As que limpan" a cargo da compañía A Panadaría S. Coop. Galega. O Concello de Santiago de Compostela súmase aos actos de apoio ao AIC25 con esta representación e coa participación na mesa de debate que terá lugar a continuación.

Como participar? A asistencia é de balde, as entradas pódense obter en Zona C (Praza de Cervantes, Santiago) os días 19, 20 e 23 de setembro de 2025, en horario de 11 a 14 h. e de 16 a 19 h.


Saber máis




Queres facer prácticas remuneradas nunha cooperativa galega? solicita as bolsas «Talento Cooperativo»

PRAZO AMPLIADO ATA > 30 DE SETEMBRO !

A convocatoria do Programa Talento Cooperativo 2025 está nos seus últimos días para solicitar bolsas de prácticas en cooperativas. A convocatoria de EspazoCoop, que aínda está aberta ata o 30 de setembro, busca 4 persoas mozas con estudos empresariais para adxudicar as bolsas coas que se prestará apoio na xerencia e se adquirirán competencias e experiencia. As mesmas teñen unha duración de 6 meses e contan cunha axuda mensual de 700 € e se ubican nas localidades de Allariz, As Neves, A Pobra do Caramiñal e Vigo.

Prazo de solicitude: 30 de setembro de 2025.

Saber máis



 


Curso «Talento Cooperativo». Teleformación mixta para coñecer o cooperativismo

A Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración coa USC, organiza o curso “Talento Cooperativo” (25 h.) que se imparte do 23 de setembro ao 20 de outubro de 2025, en modalidade de teleformación mixta, cunha sesión presencial o día 17 de outubro na USC. A formación que é gratuíta, desenvólvese na Aula Virtual de EspazoCoop. Entre os seus obxectivos dar a coñecer o cooperativismo como alternativa para o autoemprego colectivo é unha das metas. O prazo de inscrición xa está aberto.


Xornada ES-Factory: Innovación e crecemento na economía laranxa galega

O vindeiro 26 de setembro terá lugar a presentación para validación da Guía de Emprendemento en Economía Social e Laranxa no Edificio Cersia de Santiago de Compostela ás 11:30h.

En EspazoCoop impulsamos a economía laranxa en Galicia e o Norte de Portugal. Se fas parte dunha cooperativa ou entidade de economía social do sector cultural e creativo queremos escoitarte.

Participa na Enquisa aberta e na Xornada do noso proxecto ES-Factory o 26 de setembro en Santiago de Compostela e Online.

Saber máis


 


Feira ESDOMAR 2025 | Sábado 4 de outubro, Vigo

EspazoCoop colabora con Fundamar na Feira ESDOMAR 2025 xunto á Confraría de Pescadores de Vigo, para impulsar un espazo de promoción da actividade de entidades da economía social vinculada ao mar, que nesta edición presta especial atención ao cooperativismo coa presenza de 11 cooperativas galegas.

Será o vindeiro 4 de outubro de 2025 na Lonxa de Canido en Vigo, e trátase dunha iniciativa realizada co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.

A Feira é un espazo de encontro da economía social para o emprendemento, a inclusión e a promoción da economía circular e os produtos locais da pesca artesanal, e tamén un lugar de intercambio para tecer rede entre entidades e cidadanía, co obxectivo de fortalecer o ecosistema da Economía Social e o Mar en Galicia. O programa inclúe: Presentacións, Obradoiros e actividades, Exposicións, Espazo de difusión e encontro, Música e Gastronomía. 

Saber máis



Apoiemos un proxecto cooperativo para un mundo máis xusto e sustentable

Desde a Fundación Coop57 impulsan unha campaña que aposta por apoiar o lanzamento e constitución dun proxecto cooperativo liderado por tres mulleres racializadas.

CostureArte S. Coop. Galega é máis que unha cooperativa; é un proxecto de vida colectivo que naceu nas aulas do curso de Costura Creativa da Asociación Arraianas, que contou co apoio de EspazoCoop na definición dos estatutos cooperativos, coa de 50pés S. Coop. Galega (concertado coa Escuela de Emprendoras Juana Millán), e por descontado coa propia Coop57 GZ.


Saber máis
 

 

Continúa aberto o prazo de inscrición para a 4ª edición do curso "Comunidades Enerxéticas Renovables" 

A 4ª edición do Curso EC4RURAL de comunidades enerxéticas, dará comezo o 29 de setembro de 2025, o prazo de inscricións continúa aberto ata o 26 de setembro. 

Inscríbete nesta formación online e gratuíta do proxecto EC4RURAL, dirixida a calquera persoa interesada (público xeral, persoal técnico de concellos e Grupos de Desenvolvemento Rural) interesada en impulsar as Comunidades de Enerxía Renovable no medio rural.

Saber máis


Evento de presentación: Turismo de impacto positivo, organizado por Alén S. Coop. Galega

Dende a cooperativa Alén, que organiza este evento, chéganos o convite para participar na presentación de Turismo de Impacto Positivo: Impulsa o teu negocio turístico a través da sostibilidade, o vindeiro 25 de setembro en Carballo.

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo convida ao Evento de presentación C4S: Turismo de Impacto Positivo, unha xornada aberta na que se dará a coñecer o novo Programa de impulso á sostibilidade no turismo C4S, pensado para apoiar aos negocios turísticos locais na integración da sostibilidade como factor diferencial e competitivo.

Saber máis





Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO