Xornada: +COOP Creamos Cooperativas
8 de xullo en Vigo
A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo o programa +COOP en colaboración coa Rede Eusumo- Xunta de Galicia, Cepes e o FSE, co fin de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder ao emprego mediante unha fórmula do autoemprego colectivo.
EspazoCoop convida ás persoas interesadas á xornada de presentación de resultados o martes 8 de xullo ás 10 horas, na sede da cooperativa Magia en la Manga S. Coop. Galega en Vigo. Trataremos os programas e axudas de apoio ao emprendemento, cooperativas beneficiarias de +COOP contarán as súas historias no proceso de emprender, teremos debate, intercambio, e faremos rede!. A inscrición para participar xa está aberta.
Saber máis
A EspazoCoop participa na mobilización do ensino cocertado a través de Aces Galicia
A Unión de Cooperativas EspazoCoop participou na mobilización celebrada esta semana polos sindicatos con representación no Ensino Concertado (FSIE, UGT-SP, CCOO, USO e SNEP) a través da súa pertenza a ACES Galicia, Asociación de Centros de Economía Social de Galicia, fronte ás dependencias da Xunta en San Caetano.
A mobilización puxo de manifesto o desprezo sistemático da Administración galega cara ás persoas traballadoras do ensino concertado, que levan décadas de reivindicacións históricas que se recoñecen pero non se asumen, provocando un retroceso nos dereitos do colectivo.
Saber máis

EspazoCoop busca cooperativas e empresas de economía social para conceder bolsas de apoio xerencial
A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop mantén aberta a convocatoria para participar en Talento Cooperativo 2025, un programa de fortalecemento da xestión de cooperativas e entidades de economía social.
Talento Cooperativo ten como obxectivo facilitar apoio ás entidades participantes, mediante a incorporación de persoas formadas en xestión empresarial e con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer as súas competencias en xestión empresarial ao tempo que se achega unha alternativa de remuda xeracional para as empresas beneficiarias.
Na convocatoria 2025 ofértanse 4 bolsas durante 6 meses.
Prazo de solicitude: ata o 30 de xuño de 2025.
Xornada informativa en liña o 18 de xullo de 10 a 12.30 h., EspazoCoop celebrará a xornada Talento Cooperativo. Abordará a traxectoria e resultados do programa ata agora, e se informará sobre a edición 2025.
Saber máis

Networking Cooperativo "Tecendo Rede" na Coruña para explorar vías de colaboración
Un ano máis, EspazoCoop desenvolverá un convenio de colaboración co Concello da Coruña para fomentar o cooperativismo e a economía social. Neste marco, o vindeiro 1 de xullo organizamos o Encontro Networking cooperativo "Tecendo Redes" cuxos obxectivos son: fomentar o coñecemento mutuo e os vínculos entre cooperativas do territorio, explorar posibles sinerxías e vías de colaboración realistas, reflexionar colectivamente sobre dúas temáticas estratéxicas de intercooperación (colaboración entre cooperativas) e a colaboración coas administracións públicas (licitacións, contratos menores, convenios, etc.).
O encontro será conducido por unha dinamizadora con ampla experiencia. A partires das 12:45 servirase un petisco para continuar co networking informal.
Saber máis

Día do Cooperativismo Galego, 5 de xullo en Rábade
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convida ás cooperativas socias da Unión a unha xornada moi especial: a celebración do Día do Cooperativismo Galego 2025.
Será o sábado 5 de xullo ás 12 h, como é tradición, coincidindo co Día Internacional das Cooperativas, nas instalacións de Rabadense de Transportes, S. Coop. Galega, en Rábade (Lugo). Este ano, o lema resoa con forza:
"As cooperativas promoven solucións inclusivas e sostibles para un mundo mellor".
Ademais, este 2025 é o Ano Internacional das Cooperativas, un recoñecemento á importancia destas organizacións para o noso desenvolvemento, a creación de emprego e a construción dunha sociedade máis xusta.
Prégase confirmar asistencia.
Saber máis

Avanza a creación das Comunidades Enerxéticas Rurais en Galicia e en Estonia
Paso a paso, reunión a reunión, o consorcio de EC4RURAL continúa avanzando no camiño cara á constitución das Comunidades Enerxéticas Rurais nos dous proxectos piloto, Galicia e Estonia. Desde o seu inicio en setembro de 2023 ata a actualidade —xa preto do ecuador da fase de execución—, o nivel de implicación dos concellos varía así como tamén o fai o nivel de desenvolvemento de cada iniciativa.
En Galicia, froito dos primeiros encontros, os concellos que contan cun “Grupo impulsor” formalizado son Mazaricos, Muras, O Rosal, Tomiño, O Valadouro e Vedra.
Saber máis

Así compartimos CULTSOS: Un mes chego de eventos, alianzas e reflexións
Este mes de xuño vivimos unha intensa axenda de actividades no marco do proxecto CULTSOS, onde tecemos conexións, aberto conversacións e reafirmado algo esencial: a cultura necesita espazos para cooperar, ferramentas para transformarse e redes para sosterse.
Foi intenso, inspirador e, sobre todo, colectivo.
Saber máis

Axudas