Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 20 de setembro de 2024 ]
 


 

O Concello de Santiago e EspazoCoop únense para impulsar o cooperativismo e a economía social

María Rozas, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago de Compostela, e Ana Olveira Blanco, Presidenta de EspazoCoop, presentaron esta semana o programa Ecosistema Emprendedor na Economía Social 2024.

Ambas entidades únense novamente co obxectivo de fomentar o cooperativismo e apoiar o emprendemento na economía social na área de Compostela. Esta iniciativa reforza a colaboración que ambas as entidades veñen desenvolvendo nos últimos anos.

O programa ten como propósito crear unha contorna que favoreza o emprendemento cooperativo, apoiando tanto a persoas e colectivos interesados no modelo de economía social, como a cooperativas xa existentes no seu proceso de consolidación. Ler máis


 



"Mulleres líderes na economía social" | Xornada o 1 de outubro

A Xornada «Mulleres líderes na economía social » que organiza EspazoCoop o martes 1 de outubro na Casa Xohana Torres a partir das 9.45 h., é unha iniciativa realizada dentro do programa de colaboración que mantén co Concello de Santiago de Compostela. O encontro busca visibilizar as capacidades das mulleres para emprender e dirixir proxectos empresariais exitosos, presentando recursos e boas prácticas favorecedoras do liderado das mulleres en empresas cooperativas e da economía social. Ao mesmo tempo visibilizará a contribución do cooperativismo para facilitar oportunidades de exercer a igualdade no ámbito laboral e profesional. Ler máis
 

 

 

EspazoCoop e a Asociación Pont-Up Store asinan un convenio para impulsar o cooperativismo e fomentar o emprego

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Asociación para o Emprendemento e Innovación Pont-Up Store subscribiron esta semana un convenio de colaboración que ten como obxectivo a promoción do cooperativismo, a economía social e o fomento do emprego en Galicia. Este acordo busca fortalecer o tecido empresarial galego mediante a creación de iniciativas conxuntas que promovan o autoemprego e o desenvolvemento socioeconómico a través de proxectos empresariais baixo a fórmula de cooperativa.

Os asinantes do convenio, Ana Olveira Blanco, presidenta de EspazoCoop, e Pedro Figueroa Dorrego, presidente da Asociación Pont-Up Store, destacaron a importancia deste acordo para fomentar o cooperativismo e contribuír á formación e orientación de persoas interesadas na creación de empresas cooperativas. Ler máis 


 



Xornada Consolida+. Somos cooperativas consolidadas?

A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo no período 2023-2024, en colaboración coa Rede Eusumo e a Xunta de Galicia, o programa Consolida+ Consolidando ás cooperativas, co obxectivo principal de prestar servizos de asesoramento e acompañamento a cooperativas en funcionamento, en distintos ámbitos e áreas do seu interese para a mellora e consolidación empresarial.

O venres 27 de setembro de 9.30 horas a 14 h. na cooperativa A Morada en Vigo, terá lugar a Xornada do Programa Consolida+ edición 2023-2024. Contaremos coa asistencia da Subdirectora Xeral de Economía Social, Farrah Lisa Meghazi e o Director Territorial de Pontevedra, José Antonio Rodríguez Fachado.
A inscrición á mesma xa está aberta.

Presentaranse os resultados de Consolida+, daranse a coñecer boas prácticas de cooperativas consolidadas, informarase sobre liñas de apoio e axudas á consolidación, e se facilitará a xeración de redes para a colaboración e a intercooperación entre as cooperativas e o todo o público asistente á xornada. Ler máis



 




Encontros Sectoriais: Programa de Intercooperación

EspazoCoop celebrará o venres 27 de setembro de 15.30 a 18 horas na cooperativa A Morada en Vigo dous encontros sectoriais de intercooperación:
- Encontro da sectorial Asesorías e Consultoras.
- Encontro das sectoriais Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio, Medio Ambiente e Ensino.

Ambas actividades están no marco dun programa que impulsa procesos de intercooperación, e promociona a práctica deste principio cooperativo que distingue especialmente a economía cooperativa e a súa cultura empresarial que pode ser exercida polas cooperativas, sumando valor, diferenciándose doutras formas de economía competitivas e excluíntes para as persoas e a sostibilidade da vida
. A inscrición está aberta. Ler máis




Queres ter un informe financeiro da situación da túa cooperativa?

Entre os fins da Unión de Cooperativas EspazoCoop está a promoción e fomento do cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social. Para acadar este obxectivo, contamos con acordos de colaboración con distintas entidades e organismos, entre os que está o convenio co Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da USC.

Este novo curso académico temos en marcha iniciativas dirixidas ó alumnado do 1º e 4º curso do grao en Administración e Dirección de Empresas da USC, integrando diversas actividades, xornadas, talleres e un caso práctico no marco da ApS no que poden colaborar as cooperativas socias que estén interesadas en contar cun informe financeiro. Ler máis


 



Webinar: Como mellorar a xestión de persoas na túa empresa de economía social, con UpmeUp

O xoves 3 de outubro ás 12 h., desde UpmeUp celebran un webinar gratuíto sobre como mellorar a xestión de persoas nas entidades de economía social. Ao final do mesmo presentarán brevemente UpmeUp (un portal de emprego da economía social). O webinar será impartido por Joan Martínez, consultor xurídico e laboral que cofundou a cooperativa Facto.

Para coñecer a información e inscribirse neste enlace


 


Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas    (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 
 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO