Acelera o teu proxecto cooperativo con ES-Factory EspazoCoop - Impulsa!
A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza un programa de aceleración dirixido a proxectos cooperativos e de economía social.
ES-Factory EspazoCoop – Impulsa componse de formación, mentorías e apoio na busca de financiamento para persoas emprendedoras que desenvolvan iniciativas enmarcadas nas economías emerxentes que se organicen mediante fórmulas empresariais do sector da economía social.
O prazo para inscribirse no programa de aceleración dirixido a proxectos de economía social finalizará o 27 de marzo de 2025.
Saber máis

Desenvolvendo a idea cooperativa
A Unión de Cooperativas EspazoCoop continúa desenvolvendo o seu programa formativo en liña "A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega" que se impartirá ata o mes de abril e que ven ofrecendo varios cursos gratuítos en materia cooperativa.
O último curso do itinerario formativo iniciará a finais de marzo para coñecer como poñer en marcha unha idea de negocio a través das cooperativas, e afondar nas condicións do emprendemento cooperativo.
Saber máis
Mulleres líderes na economía social
Estamos no mes no que se conmemora o 8M Día Internacional da Muller, unha data para reivindicar o papel e a loita das mulleres pola igualdade real e o recoñecemento de dereitos. Rescatamos para vós un pequeno vídeo "Mulleres líderes na economía social", da xornada que celebramos a finais do pasado ano en colaboración co Concello de Santiago, e que foi unha mostra dos liderados que exercen as mulleres en empresas de economía social en Galicia, e de como estes modelos empresariais contribúen a alcanzar a igualdade.
Saber máis
Axudas