Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 23 de Setembro de 2022 ]
 


 

EspazoCoop participa no acto da entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán

A Unión de Cooperativas EspazoCoop participou este martes 20 de setembro na entrega da edición deste ano destas Medallas que recoñeceron o traballo da Asociación Íntegro, Cristina Fernández (primeira fareira de Galicia) e a Fundación María José Jove. Estes premios, entregados pola Xunta de Galicia, recoñocen o labor de entidades ou persoas que constrúen unha sociedade máis equitativa baseada nos principios de igualdade de oportunidades, xustiza e solidariedade. Ler máis




A Confederación estatal da Economía Social reúnese en Santiago para deseñar a estratexia dos próximos anos

A Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) reuniu durante dous días en Santiago de Compostela aos seus dirixentes para profundar na estratexia que a Confederación poñerá en marcha nos próximos anos para marcar unha folla de roteiro que impulse o crecemento deste modelo empresarial. A cidade foi escollida para estas xornadas de reflexión no marco da capitalidade de Economía Social que ostenta a cidade galega en 2022, como parte dunha intensa axenda de eventos que se están realizando para fortalecer a capitalidade. Ler máis




Oferta de contratación de EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop amplía o prazo da oferta de contratación para realizar un servizo de organización e xestión de actos institucionais que se celebrarán a principios do mes de novembro. Poderán candidatarse e presentar proposta as cooperativas socias, non socias, empresas da economía social e calquera outra empresa, ata o 27 de Setembro de 2022 ás 14 horas. Ler máis




Aceleradora #impulsocoop | Encontro

5 de outubro en liña | EspazoCoop celebra un novo Encontro da Aceleradora #impulsocoop, en modalidade online de 9.30 a 11.30 h, baixo o título "Intercooperamos para impulsar a nosa Cooperativa". Está destinado tanto ao grupo das 10 cooperativas socias beneficiarias da Aceleradora, como a outras cooperativas interesadas de recente constitución. A través da Aceleradora búscase apoiar o crecemento das novas cooperativas.
Asistencia libre previa inscrición. Ler máis

 




Bono Consolida Economía Social 2022

ÚLTIMOS días para solicitar as subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social para a anualidade 2022. Poden ser beneficiarias desta convocatoria as sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Non poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades beneficiarias na anterior convocatoria 2021. Prazo: 30 de Setembro de 2022. Ler máis




Programa ES-Transforma en Cooperativas 2022

ÚLTIMOS días para solicitar o programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2022. A finalidade é apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen relevo xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estiveran a exercer unha actividade económica. A convocatoria diríxese a sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dun dos seguintes procesos:
- Constitución por ausencia de remuda xeracional.
- Constitución por persoas autónomas.
- Constitución por transformación de todo tipo de sociedades.
Prazo 30 de setembro de 2022. Ler máis.


 


Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO