Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 16 de Setembro de 2022 ]
 


 

Xornada: Fomento do Cooperativismo de Consumo
[ Xoves 22 de setembro, en Cersia Empresa - Santiago, de 10 a 14 h. ]

22 de setembro, Santiago | A Xornada Fomento do Cooperativismo de Consumo é unha actividade realizada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, no marco do convenio que mantén con EspazoCoop para o ano 2022.
Contaremos coa participación de cooperativas de consumo do sector da Alimentación como a Red de Supermercados cooperativos e Árbore Consumo Consciente. Tamén estarán cooperativas de consumo do sector da autoprodución e comercialización de Enerxía, como Enherkom Coop e Nosa Enerxía. Ademais, unha Charla informativa e un Networking. Acceso gratuíto, previa inscrición.
Ler máis




En Cooperativa: promovendo un emprendemento máis democrático no Ensino

“En Cooperativa” é un Itinerario para potenciar o emprendemento cooperativo en Centros de Ensino Secundario, de FP e Bacharelato de Galicia durante o curso 2022-2023, é unha actividade gratuíta para os centros interesados. Trátase dun Programa Poises, financiado polo FSE. Ler máis




Novas cooperativas socias!

Presentamos ás últimas cooperativas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo. Son Esmuvigo (Vigo), Mundo Tecnolóxico Dixital (Curtis), Educalecrín (Lalín), A Talangreira do Beque (Moaña), Skeirrum (A Guarda), Alalá (A Guarda), Mdmares (Cedeira) e Flying Fun (Santiago). Ler máis




Encontro | Aceleradora ImpulsoCoop

20 de Setembro en liña | EspazoCoop celebra un Encontro da Aceleradora da Unión #impulsocoop, en modalidade online de 9.30 a 11.30 h. Está destinado tanto ao grupo de 10 cooperativas socias beneficiarias da Aceleradora, como a outras cooperativas interesadas de recente constitución. A través da Aceleradora buscamos apoiar o crecemento das novas cooperativas. Asistencia libre previa inscrición. Ler máis




Pont Up Store 2022. Espazo de Emprendemento

23 e 24 de setembro, Pontevedra | A Unión de Cooperativas EspazoCoop participa na nova edición de Pont Up Store impartindo un pequeno obradoiro para estimular o emprendemento cooperativo e divulgar o modelo, titulado "E ti, coñeces a fórmula?". Ademais, destacar que nas distintas actividades de Pont Up participan cooperativas socias, como Alén ou Mareira Bizi. Garantindo así a presenza do cooperativismo e a economía social neste espazo de emprendemento que xa é unha referencia.

O Pont-Up Store é unha iniciativa aberta a toda a cidadanía cuxo obxectivo é o apoio ao emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade. No marco do Campus Crea da Universidade de Vigo, este encontro é unha aposta pola creatividade e o emprendemento. Trátase dun evento multisectorial con proxectos que proveñen dun gran abano de sectores de actividade, tanto do ámbito urbano coma do rural, cunha gran calidade contrastada derivada dun proceso de selección das numerosas candidaturas recibidas cada edición. Ler máis




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO