Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 16 de Decembro de 2022 ]
 


 

O cooperativismo reivindícase como mecanismo de transformación na economía local herculina

EspazoCoop e o Concello da Coruña celebraron no Ágora unha xornada para visibilizar os principais logros do convenio de colaboración que manteñen desde 2017 co fin de promover as oportunidades do modelo cooperativo no municipio. A cooperación como receita innovadora, ética e sostible para mellorar a xestión da vida colectiva. É a principal conclusión da xornada “Dinamizando o local dende o cooperativismo”, organizada por EspazoCoop – Unión de Cooperativas Galegas e o Concello da Coruña para difundir e defender a capacidade transformadora no territorio local do cooperativismo, un modelo económico que deixa arredor de 22 millóns de euros anuais no municipio. Ler máis

 




Xornada de Resultados de ES-MENTORING
[ Acompañamento á economía social ]

O Proxecto ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co fin de apoiar e consolidar as entidades de economía social galegas, e presentará publicamente os resultados o día 26 de decembro de 2022. Ler máis
 




As empresas e organizacións da economía social xa poden solicitar as axudas do Ministerio

As empresas e organizacións da economía social xa poden solicitar as axudas convocadas polo Ministerio de Traballo e Economía Social, dotadas con 99,3 millóns de euros, cuxa finalidade é impulsar proxectos de economía social innovadores para os anos 2022 e 2023. Estas axudas corresponden ao Plan Integral de Impulso á Economía Social, que poden solicitarse ata o 14 de xaneiro de 2023, van dirixidas a empresas da economía social, entidades representativas da economía social e agrupacións de entidades, que realicen actuacións en cando menos dúas comunidades autónomas buscando ter especial incidencia en Pemes. Ler máis




A Talangreira do Beque en Campaña de Avais para financiarse con Coop57

Apúntaste? Queres ser parte das garantías dun Proxecto Cooperativo en Moaña?. A nosa cooperativa socia A Talangreira do Beque lanzou unha Campaña de recollida de avais, busca con elo acceder a  financiamento para o seu proxecto profesional a través da solicitude dun préstamo a Coop57. Esta entidade de servizos financeiros ofrece un tipo de finanzas éticas con maior implicación social que apoia proxectos da economía social, como A Talangreira do Beque S. Coop. Galega, un complexo deportivo e de lecer, nun lugar de alto valor paisaxístico, a Fraga de Moaña. Ler máis




"A través do Cooperativismo" convence a máis de 600 estudantes na Coruña

“A través do Cooperativismo” chega a súa recta final por este ano, un programa impulsado pola Unión de Cooperativas EspazoCoop no marco do convenio de colaboración co Concello da Coruña que potencia o emprendemento cooperativo entre o alumnado dos Centros de Ensino Secundario e de Formación Profesional. 15 seminarios, 10 táboas redondas e 16 experiencias cooperativas como balance das actividades na Coruña. Ler máis
 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO