Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 18 de Novembro de 2022 ]
 


 

Presentación do proxecto ES-MENTORING
[ Acompañamento á Economía Social ]

Luns 21 de novembro | O Proxecto ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co fin de apoiar e consolidar as entidades de economía social galegas, que será presentado publicamente a próxima semana, o 21 de novembro a partir das 9.30 h. en Santiago de Compostela. Ler máis




O Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil celebra a súa 11 edición

Do 24 ao 26 de novembro, Vigo. No Foro de Investigación colabora EspazoCoop a través da súa Sectorial de Cooperativas de Ensino. O evento naceu a iniciativa dos centros educativos, entre os que se atopan as cooperativas de ensino, na procura da promoción da investigación, o traballo en equipo, o intercambio, e a divulgación entre o alumnado para adquirir as competencias básicas e motivalo no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas, e doutras índoles. Na edición número once, participarán 85 alumnas e alumnos de 8 centros de ensino de Galicia e Cataluña. Ler máis




Culturgal 2022 acolle un stand con propostas culturais de empresas cooperativas e da economía social

Do 24 ao 27 de novembro, Pazo da Cultura en Pontevedra | Baixo o lema "15 anos cos fíos da cultura", a Feira das Industrias Culturais de Galicia volve a próxima semana cunha completa programación, o evento acollerá no seu espazo expositivo un Stand Cultural da Economía Social Galega, da Secretaría Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
No expositor conxunto terán presenza cooperativas e empresas de economía social coas súas ofertas e propostas culturais. Ademais, a Sectorial de Cultura de EspazoCoop organizará neste Stand un Encontro Profesional para as súas integrantes, será o venres 25 de mañá, inscrición neste enlace. Ler máis




Curso "Cooperativas de Plataformas Dixitais"
[ Inicio 21 de novembro 2022]

Últimos días!. Inicio luns 21 de novembro | O Curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global. Trátase dunha iniciativa formativa para promover a economía dixital cooperativa, impulsada dende a Universidade de Mondragón na que colaboran e participan a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, a Escola Andaluza de Economía Social, Florida Universitaria, e Tazebaez. Ler máis


 


Olympe Emprende, o programa que impulsa ás emprendedoras galegas
[ Proposta da cooperativa Abeluria ]

A cooperativa galega Abeluria, xunto a Tandem Social e Wazo Coop, lanzan a III edición do Olympe Emprende, cuxo prazo de inscrición está aberto ate o 27 de novembro. O programa, gratuíto, que se desenvolve en Galicia e Estremadura, é un recurso completo e innovador ao servicio de mulleres emprendedoras que queren arrancar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que constituirán unha cooperativa durante o 2021-2022 en Galicia para reforzar o liderado en feminino. As participantes poderán optar a un premio económico de ate un máximo 3.000 € para a constitución de cooperativas. Ler máis




Xornada 'Axudas a Pemes e ao emprendemento no PEL da Deputación da Coruña'

Xoves 1 de decembro | EspazoCoop convida a participar na Xornada "Axudas a Pemes e ao Emprendemento no PEL da Deputación da Coruña", que se celebrará o xoves 1 de decembro de 10 a 13 horas en modalidade online.
Nesta Xornada vanse  presentar as liñas de axudas para pequenas e medianas empresas que se promoven no Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, tratando as oportunidades que representan para as cooperativas, as necesidades de mellora que se teñen detectado para as mesmas, boas prácticas e un networking. A inscrición xa está aberta. Ler máis


 



Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO